• Cryptopsy

  • Primordial

  • Marthyrium

  • Hippotraktor

  • Cancer

Morrazica Cult Metal

Metal Till Death

postuma logo transparente

Póstuma nace a finais do ano 2006 e, tras diferentes variacións na formación, acada unha estrutura estable para empezar a compoñer temas propios. No 2007 comezan a preparar as cancións que hoxe forman parte do seu repertorio e van mellorando o estilo. Pouco a pouco vanse facendo un oco no panorama musical da comarca e xa actuaron en varios locais e festivais. Rubén e Fabio tocan a guitarra, Manu encárgase do baixo e tamén das voces, mentres que Henry é o batería. As composicións de Póstuma abranguen diversas influenzas e estilos, entre eles Death metal, Thrash metal ou Hardcore, pero sempre seguindo unha mesma liña característica da banda, cun son potente e unha coidada posta en escena nos directos. O grupo rematou de gravar a que é a súa primeira maqueta que inclúe cinco temas novos e estará dispoñible no 2011.

 

postuma grupo

Tema extraído de la última maqueta, grabada en el 2011

{youtube}EPjbj6J5uNU{/youtube}

 

{youtube}YNRZdrgWmkQ{/youtube}